CRTVG

Buscar

O doutor do Deportivo, Carlos Lariño, di que "é duro pasar de estar en Disney a estar na guerra"

Publicado o 13/04/2020 14:32

• Pensa que é precipitado volver a adestrar

O doutor Carlos Lariño, un dos médicos do Deportivo, exerce estes días como voluntario no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) pola COVID-19 e admitiu que "é duro pasar de Disney", en referencia ao fútbol, á "guerra", por como están os servizos de urxencia.

"A nosa profesión é vocacional e estou a traballar de voluntario no CHUAC, botando unha man para intentar paliar toda esta pandemia e séntesche ben por poder axudar". 

O doutor do conxunto coruñés sinalou que "está a ser unha experiencia moi bonita desde o punto de vista médico por compartir tempo e traballo cuns profesionais excelentes, abnegados" e que destacan polo que "son capaces de facer con poucos medios".

 

Noticias web

13/04/2020