CRTVG

Buscar

O Dortmund elimina o Sevilla, que tivo opcións (2.2)

Publicado o 09/03/2021 23:10
O Dortmund elimina o Sevilla, que tivo opcións (2.2)

O Borussia Dortmund eliminou este martes o Sevilla da liga de Campións cun empate a dous goles na casa, un resultado que lle chegou tras a súa vitoria por 2-3 na ida. O Sevilla, a pesar de que estivo 2-0 por baixo no marcador, con dous goles de Erling Haaland, un deles de penalti, estivo preto de forzar a prórroga tras lograr o empate na segunda parte con tantos de Es-Nesyri, tamén un de penalti. O segundo gol do Sevilla chegou no quinto minuto do tempo engadido e no minuto que quedaba tivo opcións de igualar a eliminatoria.