O domingo poranse á venda 500 exemplares na Feira do Capón de Vilalba
Publicado o 20/12/2019 12:55
O domingo terá lugar en Vilalba unha das feiras máis tradicionais destas datas, a Feira do Capón. Poñeranse á venda 500 exemplares a un prezo de 90 euros por unidade.
Tras oito meses de cría e tras superar os 5 quilos de peso estes polos chegan ao mercado. É un dos produtos con máis demanda para a elaborar na cea de Noiteboa.
55 criadores estarán presentes na feira.