CRTVG

Buscar

O domingo de Entroido máis atípico en Xinzo e Verín

Publicado o 14/02/2021 18:52

En Xinzo de Limia andan estes días algo xustos de ánimo.

Tivo que vir unha pandemia para botar por terra a súa festa con maiúsculas.

A troula doutros anos quedou aparcada desta volta, pero o enxeño dos limiaos segue intacto. E a vista está, nos balcóns ou mesmo a pé de rúa.

E o mesmo acontece en Verín, onde mesmo algúns non se resistiron a sacar os disfraces as rúas.

As autoridades piden máxima responsabilidade estes días, e durante todo o ciclo do Entroido refórzase a vixilancia dos peches perimetrais.

Quedaron sen festa este ano, pero ollo que aquí xa están a pensar no Entroido do 2022.

Pois iso, a ilusión que non falte.

Noticias web

14/02/2021