CRTVG

Buscar

O dobre scull de Caetano Horta queda a dous segundos de loitar polas medallas

Publicado o 28/07/2021 07:16
O dobre scull de Caetano Horta queda a dous segundos de loitar polas medallas

O dobre scull de peso lixeiro en que compite o galego Caetano Horta (18 anos) quedou a só dous segundos de loitar polas medallas na semifinal da súa categoría. Nunha serie moi emocionante dominada polos favoritos (Irlanda e Italia), a pelexa estivo no terceiro posto que daba acceso á final. Gañou Bélxica esa batalla cun tempo de 6:13, por diante de Ucraína (6:14) e do bote español (6:15). 

Agora á parella formada por Horta e Balastegui, a máis nova de todos os que compiten na súa categoría, tocaralle pelexar na Final B (xoves, 1:50 da madrugada) por tentar acabar no sétimo posto, algo que xa conseguiron no último Campionato de Europa.