CRTVG

Buscar

O DNI deixa de ser válido para viaxar ao Reino Unido

Publicado o 30/09/2021 20:55

O DNI deixa de ser un documento válido para viaxar ao Reino Unido: a partir de mañá teremos que levar o pasaporte. Ata agora os españois podían viaxar ao Reino Unido identificados só co DNI, pero a partir de mañá van ter que traer o pasaporte, porque entran en vigor as novas esixencias das autoridades británicas para aumentar a seguridade.

Pediranlles o pasaporte a todos os cidadáns da Unión Europea, e tamén aos viaxeiros que veñan desde Suíza e os Estados Unidos. Con todo, hai algunhas excepcións. De momento si poderán seguir identificándose co DNI os máis de 350.000 españois rexistrados no programa de asentamento, que puxo en marcha o Goberno británico para os estranxeiros que vivían aquí antes do brexit.

Noticias web

30/09/2021