O Divina del Mar continúa encallado no castro de Baroña
Publicado o 25/11/2019 11:16
Malestar en Porto do Son ante o feito de que o pesqueiro Divina del Mar continúe encallado no castro de Baroña catro días despois do naufraxio. As fortes ondas e a forza do mar, aseguran, están deteriorando o barco ata o punto de que farán inviable reflotalo.
O ex-patrón maior de Portosín e irmán do patrón do cerqueiro, considera que Salvamento debeu reflotalo o mesmo día, cando o mar aínda estaba calmo.
O Divina del Mar afundiuse na madrugada deste martes con nove mariñeiros a bordo. Un deles faleceu. Salvamento Marítimo descartara daquela reflotalo debido ao forte temporal. Contan con desmantelalo nos próximos días.