CRTVG

Buscar

O Divina del Mar segue nas rochas no Castro de Baroña e desfaise pola acción do mar

Publicado o 28/01/2020 14:36

O Divina del Mar quedou enteiro tras encallar hai dous meses e medio nestas rochas do Castro de Baroña. Hoxe a ponte da embarcación a está varios metros do casco e restos do cerqueiro espallados polas rochas por mor dos golpes de mar.

O barco desfaise, mentres a compañía encargada da súa retirada ultima os trámites para despezalo e sacar de alí os restos. É un traballo complicado porque o acceso a estas rochas transcorre por un carreiro moi estreito.

A empresa ten definido o trazado do camiño que deben abrir para que pasen os vehículos que van levar os restos. Ademais, as administracións xa autorizaron os permisos necesarios.

Agora están pendentes de que os propietarios das leiras polas que abrirán o camiño dean as súas autorizacións.

Agardan que a embarcación estea fóra de alí nun prazo de dous meses, desde que poidan acceder ao lugar. Unha vez remate a operación, deberán deixar o terreo como estaba antes, porque é unha zona protexida.

O Divina del Mar embarrancou o pasado 12 de novembro con nove tripulantes a bordo. Un deles faleceu neste sinistro.

Noticias web

28/01/2020