CRTVG

Buscar

O ditame do Congreso sobre o accidente de Spanair afirma que non funcionaron os sistemas de seguridade

Publicado o 14/05/2021 08:25
O ditame do Congreso sobre o accidente de Spanair afirma que non funcionaron os sistemas de seguridade

O Congreso aproba o ditame do accidente de Spanair e enviarao á Fiscalía. O accidente acontecido en 2008 custou a vida a 154 persoas e deixou 18 feridas. Saíu aidante con 219 votos a favor e os votos en contra do PSOE. O ditame irá á Fiscalía por se houbese responsabilidades xudiciais que dilucidar. Sinala que houbo unha concatenación de erros que fixo que todas as medidas de seguridade fallasen e destaca que, tanto no momento do accidente como antes e despois, non funcionaron os sistemas de asistencia e seguridade.

Noticias web

14/05/2021