O ditame da Comisión de Reactivación apróbase sen acordo coa oposición
Publicado o 13/07/2021 15:17
Logo de 9 meses de traballo, a Comisión de Reactivación xa aprobou o seu ditame. Son 450 propostas para impulsar a economía, a política social, a sanidade ou a educación.
Destacan as melloras no modelo de residencias públicas ou o aumento das prestacións de axuda no fogar.
Case 50 propostas foron pactadas entre o Grupo Popular e a oposición. O PP subliñou que mantivo o diálogo ata o último minuto. Porén, a oposición cre que ese espírito de consenso foi algo limitado.