CRTVG

Buscar

O director xeral da OMS pide "axuda económica inmediata" para os países máis afectados pola covid-19

Publicado o 17/05/2021 17:16
O director xeral da OMS pide "axuda económica inmediata" para os países máis afectados pola covid-19

O director xeral da Organización Mundial da Saúde, Tedros Adhanom Ghebreyesus, pediu "axuda económica inmediata" para seguir apoiando aos países máis afectados pola covid-19, e alertou de  que a demanda é actualmente "tan elevada" que a OMS non pode facer fronte á mesma.

"A OMS necesita financiamento urxente para o plan de resposta actual", insistiu o dirixente de Nacións Unidas. "A situación en varios países segue sendo moi preocupante", recalcou.

Tedros pedíu ás compañías farmacéuticas que incrementen o número de dose de vacinas ao longo de 2021 e que cumpran cos prazos de entrega pactados. Ademais, solicitoulles que axuden aos países para que poidan doar vacinas ao mecanismo Covax.

Noticias web

17/05/2021