O director galego Dani de la Torre comparte protagonismo e presenta a súa película máis persoal "Live is Life"
Publicado o 06/06/2021 16:25
Laxe comparte hoxe protagonismo con outro galego. Dani de la Torre presenta no festival a súa película máis persoal: "Live is life". Escribiu o guión a medias co seu amigo e escritor Albert Espinosa.
O director monfortino réndelle homenaxe á súa terra, aos anos 80 da súa adolescencia e á súa nai, que morreu de cancro mentres escribía esta película.