CRTVG

Buscar

Os ecuatorianos responden cunha cazarolada ao toque de queda decretado en Quito

Publicado o 13/10/2019 14:17

Milleiros de cidadáns responderon ao toque de queda en Quito e nos seus arredores cunha cazarolada desde as súas casas.

O presidente Lenín Moreno defendeu, porén, que a militarización das rúas busca restablecer a orde e reiterou que tras a violencia e o vandalismo está o seu antecesor e rival político, Rafael Correa.

O toque de queda produciuse logo dunha xornada complicada en que a sede de control fiscal de Ecuador acabou queimada e na que tamén foron atacadas as instalacións dunha televisión e dun xornal.

Con todo, a medida pode dificultar a resolución do conflito, cando os indíxenas que emprederon as mobilizacións acababan de aceptar a proposta de diálogo do Goberno.
A cita, segundo anunciou a igrexa ecuatoriana e a ONU, está prevista para esta noite.

Noticias web

13/10/2019