O 'Diario cultural' da Radio Galega, candidato a un premio internacional
Publicado o 02/04/2019 23:18
Esta casa está de parabéns. O programa da Radio Galega Diario cultural na súa edición dominical é candidato a mellor programa de música ao vivo nos premios Celtic Media Festival.
A do Diario cultural, con Xiana Arias á fronte nos micros, é a primeira candidatura internacional para a Radio Galega. Hai outras tres producións da Corporación de Radio e Televisión de Galicia que son finalistas nestes prestixiosos premios: A sombra da lei, Historias mínimas e Caso Diana Quer.