CRTVG

Buscar

O Día Mundial sen Coches busca recuperar espazos urbanos para os peóns

Publicado o 22/09/2021 21:43

O 22 de setembro celébrase o Día Mundial sen Coches para concienciar a sociedade dos beneficios de moverse nas cidades de forma sostible.

Nunha das principais arterias viarias da Coruña este mércores os coches cederon o seu espazo para darllo a outros xeitos de moverse pola cidade. Na rúa de santo André, circuítos para aprenderlles aos máis pequenos circular de xeito seguro e sostible polos espazos urbanos. Unha rúa que xa é peonil nas tardes dos sábados e tamén o domingo.

Ese é o obxectivo deste Día Mundial sen coches: fomentar a mobilidade sostible nas cidades. Unha modalidade á que cada vez se suman máis galegos. Un día ao ano que tamén busca concienciar a cidadanía do uso responsable dos vehículos privados para tratar de reducir as emisións de gases contaminantes.

Noticias web

22/09/2021