O Día Mundial das Tapas celebrase entre o debate sobre o mellor petisco
Publicado o 20/06/2019 19:31
Hoxe é o Día Mundial da Tapa. E diso, en Lugo, saben bastante, como demostra o feito de estar entre as cidades de España mellor valoradas para o tapeo. Bares e restaurantes coma ofrecen de balde algún acompañamento con cada consumición. Algúns estudos din que a tortilla, as croquetas, as patacas bravas ou o xamón son as tapas preferidas en España, onde recibimos cada ano millóns de turistas atraídos por unha tradición que é xa sinal de identidade. Neste día mundial negocios de toda España, ou tamén a Rede de Paradores, ofrecen tapas especiais, nunha celebración que xa non ten fronteiras e que chega tamén a lugares tan diferentes como Francia, Bolivia ou Emiratos Árabes.