CRTVG

Buscar

O Día Mundial da Eficiencia Enerxética prentende espertar conciencias

Publicado o 05/03/2020 21:29

O desafío do cambio climático obriga a reducir a contaminación tamén aproveitando os recursos. As novas tecnoloxías son as novas aliadas neste camiño. No mercado xa hai aparellos como as lámpadas led intelixentes, que, amais de consumir menos, dan a opción de controlar o acendido, o apagado e a intensidade mediante a rede wifi.

Medidores de consumo de enerxía ou termóstatos dixitais no fogar son algúns dos aparellos dispoñibles no mercado para mellorar a eficiencia enerxértica a que tamén contribúen os enchufes intelixentes que permiten programar todo tipo de electrodomésticos.

Neste Día Mundial da Eficiencia Enerxética, dedicado á toma de conciencia sobre o uso da enerxía, tamén nos lembran que a enerxía máis limpa é aquela que non se consome.

Noticias web

05/03/2020