CRTVG

Buscar

O Día Internacional do Ioga lembra os beneficios físicos e mentais desta disciplina

Publicado o 21/06/2021 21:09

35 séculos de vida, máis de 500 millóns de persoas que o practican en todo o mundo. Múltiples beneficios. Motivos abondo para que o solsticio de verán faga do seu día o Día Internacional do Ioga.

Un presente anómalo, unha pandemia que desafiou a saúde física e mental de moitos. Un ioga que salvaba.

É o ioga un camiño polo que transitar para que, cunha práctica prolongada, atopemos o benestar físico e mental.

Neste centro de Compostela celebraron a efeméride cunha xornada especial de portas abertas pola tarde e en centros educativos pola mañá.





 

Noticias web

21/06/2021