CRTVG

Buscar

O día e a noite que Tomás Gimeno supostamente matou e tirou a Anna e a Olivia ao fondo do mar

Publicado o 13/06/2021 14:27

No auto escribe a xuíza que o presunto homicida lles deu morte ás dúas fillas premeditadamente para provocar unha dor inhumana na súa exparella

Segundo a a maxistrada, na liña da hipótese dos investigadores, Tomás Gimeno recolleu as nenas Olivia e Anna ás 17:00 h co compromiso de levalas de volta á casa da nai ás 21:00h.

Cando colleu á maior dun centro educativo aproveitou para entregarlle en man, á directora, que era súa noiva, un sobre pechado con 6.000 euros e unha carta de despedida. Co compromiso, que ela non cumpriu, de que non a abrira ata as once.

Foi coas pequenas á casa dos pais, levou a Olivia a clases de tenis, e probou o motor do barco.

Despois de despedirse dos avós paternos marcha coas fillas para a súa casa en Igueste de Candelaria. Alí supostamente mátaas, envólveas en toallas, e méteas no maleteiro dentro de varias bolsas de deporte.

Antes de ir ao mar para na casa de seus pais e sen que o vexan deixa seu can, Oto, dúas tarxetas bancarias coas claves nun papel, e dous xogos de chaves do seu segundo coche.

Ás nove Beatriz, a nai das nenas, chámao porque está diante da casa e non os ve. El dille que está ceando fóra e que llas acercará despois.

Zarpa ao mar ás 21:40, cos cadáveres cargados a bordo. En once minutos chama á ex muller e dille que non os volverá ver nunca máis a ningun dos tres.

A nai das nenas, xa no posto Garda Civil, fala con el dúas veces. Despois Tomás queda sen batería unha hora e corenta minutos.

Segundo o relato da xuíza é cando tira as nenas ao mar e volve a porto onde ás 23:21h é proposto para unha sanción por estar fóra do toque de queda.

Compra un cargador, carga o móbil. Fala coa exmuller tres veces e despídese dela definitivamente ás 2:11. Conversa con varios amigos e dilles que por fin vai estar ben, como quería .









 

Noticias web

13/06/2021