CRTVG

Buscar

O Día dos Avós, unha homenaxe aos segundos pais

Publicado o 26/07/2019 17:32

Hoxe 26 de xullo, coincidindo coa festividade dos santos Xaquín e Ana, celébrase o Día dos Avós. Un día para recoñecer e agradecer a avós e avoas a súa dedicación á familia.

Eles máis que ninguén merecen o seu recoñecemento. Pacientes, traballadores, coidadores e compañeiros de xogos... son os avós. Convertense ás veces en segundos pais e coeducan os netos, sendo en moitos casos a axuda indispensable para a conciliación laboral.

Netos e netas tamén desfrutan da compañía dos seus avós, sendo para os maiores unha actividade sempre gratificante e, por suposto, laboriosa.

Un pracer é para os netos que, como di o refrán, quen ten un avó ten un tesouro. Así que a nós só nos queda felicitalos. Feliz día, avós!


 

Noticias web

26/07/2019