O Camiño dá a benvida aos peregrinos a partir do 1 de xullo
Publicado o 09/06/2020 15:35
Os peregrinos que desexen facer o camiño de Santiago poden comezar a planificalo. O día 1 de xullo reiníciase a peregrinación xacobea de forma efectiva.
Ese día reabrirán os albergues da rede pública, a catedral e a Oficina do Peregrino. Anunciouno o conselleiro de Cultura e Turismo tras manter unha xuntanza coa comisión organizadora do Xacobeo.
A reapertura dos albergues será gradual en función da oferta de prazas de aloxamentos que haxa en cada concello.
Dende a Xunta destacan que a prioridade segue sendo a seguridade de aí que estean ultimando a posta en marcha dun manual no marco do programa Camiño Seguro, co obxectivo de dar confianza e tranquilidade sanitaria a peregrinos, empresas e traballadores das diferentes rutas xacobeas.