CRTVG

Buscar

O descenso da quinta vaga en España alivia a ocupación nas UCI, xa por debaixo do 9 %

Publicado o 27/09/2021 19:24

• Non queda ningún territorio en risco alto de transmisión da covid-19

O descenso da quinta vaga en España alivia a ocupación nas UCI, xa por debaixo do 9 %

               
A quinta vaga continúa en descenso e a incidencia de coronavirus baixou durante a fin de semana ata os 65,4 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días, unha redución de contaxios que alivia a presión nas UCI, co 8,8 % de camas ocupadas.

O Ministerio de Sanidade comunicou 5.039 novos positivos desde o venres, e con iso a cifra total de casos desde o inicio da pandemia en España elévase a 4.951.640 e a de falecidos a 86.298, con 69 novas mortes durante a fin de semana.

A maioría de comunidades autónomas están en risco medio de contaxios (entre 50 e 150 casos) mentres que Castela e León (43,4) e Galicia (37,3) rexistran incidencias en risco baixo (entre os 25 e 50 casos). Asturias é a única comunidade en nova normalidade por baixo dos 25 casos (17,2). 

Noticias web

27/09/2021