CRTVG

Buscar

O descarrilamento dun tren en Exipto deixa polo menos once persoas mortas

Publicado o 19/04/2021 08:14
O descarrilamento dun tren en Exipto deixa polo menos once persoas mortas

Un accidente ferroviario en Exipto deixa polo menos once persoas mortas e preto de cen feridas. Varios vagóns do tren que realizaba o traxecto entre O Cairo e Mansura descarrilaron na localidade de Tuj, no delta do Nilo.

Acontece un mes despois de que un choque de trens ocasionase 19 mortes e 180 feridos. En Exipto, a sinistralidade ferroviaria é alta na maior parte dos casos debido a erros humanos, ao mal estado das vías e á falta de sistemas de seguridade na rede ferroviaria.

Noticias web

19/04/2021