CRTVG

Buscar

O derradeiro médico que asistiu a George Floyd di que morreu por asfixia

Publicado o 06/04/2021 08:14
O derradeiro médico que asistiu a George Floyd di que morreu por asfixia

O médico que certificou o falecemento de George Floyd sostén que a causa foi a asfixia. Ante o tribunal que xulga o presunto asasinato do afroamericano polo polícía Derek Chauvin, dixo que non houbo ningún trauma significativo que desencadeara un paro cardíaco.

O médico Bradford Langenfeld reafirmou que o motivo máis probable da morte de George Floyd foi unha hipoxia, é dicir, unha falta de osíxeno no cerebro e outros órganos.

George Floyd morreu en maio pasado despois de que o detivesen por utilizar un billete falso para pagar nunha tenda. Durante o arresto, o policía Derek Chauvin inmobilizouno no chan e premeu co xoenllo contra o pescozo de Floyd ata que este deixou de respirar.

Noticias web

06/04/2021