O responsable de Facenda de Ciudadanos dimite con duras críticas a Rivera
Rematado o pleno de investidura Francisco de la Torre comunicoulle á dirección de Ciudadanos que abandonaba o escano e todos os cargos no partido. Nunha carta repróchalle a Albert Rivera que se situara nos extremos durante o debate. Considera que iso non é facer politica nin algo propio dun partido de centro. E afirma que Ciudadanos se converteu en parte do problema e non da solución para a gobernabilidade de España.
Ignacio Aguado, da executiva de Ciudadanos quítalle ferro á dimisión do responsable de Facenda do partido :
"Ciudadanos é un partido vivo, máis ca un partido é un proxecto de país, en que se vai incorporando talento e onde hai persoas que deciden abandonalo cando consideran que polas razóns que sexa xa non queren seguir nel"
A marcha de De la Torre súmase ás do ex-voceiro económico, Toni Roldán, do eurodeputado Javier Nart e dos cofundadores de Ciudadanos Xabier Pericay e Frarncesc de Carreras. Catro deles eran integrantes da executiva de Ciudadanos.