CRTVG

Buscar

O Deportivo volve ser campión xuvenil 25 anos despois

Publicado o 28/06/2021 15:17

Das imaxes que irán quedando na memoria aparece esta aperta familiar co corazón aberto do goleador Noel. "Non teño unha imaxe así do equipo, si me quedaría coa aperta cos meus pais dous minutos despois de acabar".

Mario, capitán e goleador, bágoas antes de recoller a Copa. "É unha emoción incríbel, non sabes nin que facer nin como reaccionar. Incluso sáltanche as bágoas".

Campións de España xuvenís. Son futuro. Son eles os que lle piden calma a esta sociedade acelerada que só realza os éxitos.

Mario: "Tranquilos, ao noso. Somos xuvenís, sabemos que nos temos que centrar niso, primeiro está o Fabril".

Noel: "A oportunidade co primeiro equipo é algo que un non pensa, soñamos con iso pero non temos que pensalo agora".

Contra a cultura da sociedade do éxíto esta reflexión dun rapaz de 18 anos.

Mario: "O apoio da xente por redes sociais e por todos lados, faiche entrar nunha burbulla. Tes que ser un pouco maduro, manter os pés na terra. Conseguímolo, pero isto non che vai dar de comer dentro de cinco anos".

25 anos despois, o Deportivo volve ser campión de España xuvenil. Eliminou nas semifinais o Real Madrid, venceu na final o Barcelona nun partido que corou a Noel como o mellor xogador da fase final.

 

 

 

Noticias web

28/06/2021