CRTVG

Buscar

O Deportivo suspende a Xunta Xeral de Accionistas

Publicado o 14/03/2020 15:16

Seguen medrando as precaucións, e o mundo do deporte non é unha excepción. O Deportivo acaba de publicar un comunicado no que anuncia a suspensión de toda actividade tras a declaración do estado de alarma.
Isto inclúe a Asemblea de Accionistas prevista para o luns e o martes en Palexco, que aínda permanecía convocada. Adíase de xeito indefinido, e o club non deu unha nova data para celebrala. Súmase así á parada do resto da actividade do Deportivo: adestramentos, atención nas oficinas, campus, administración, etc.
 

Noticias web

14/03/2020