CRTVG

Buscar

O Deportivo suma un novo empate en Oviedo e mantense a catro puntos do ascenso directo

Publicado o 31/03/2019 21:56

O Deportivo suma un novo empate e xa van quince. Ao Oviedo non lle pesaron os primeiros 12 minutos sen os seus afeccionados nas gradas pola protesta organizada polo club, saíron enchufados e no 10 xa se adiantaban no marcador. Un erro entre a zaga deportivista e Dani Giménez propiciou que Bárcenas rematara só a pracer. 1-0. As cousas non pintaban demasiado ben para os brancoazuis, hoxe vestidos de vermello. Ata o minuto 25 non chegou o primeiro tiro entre os tres paus do equipo coruñés. Quique recibe e logo dunha reviravolta tira desde fóra da área mais Champagne intercepta ben o disparo.
Tralo descanso, avisou Carlos Fernández con este tiro de falta. O sevillano volveu ao once titular logo da lesión que o tivo no dique seco tres meses. O Deportivo botábao de menos, e das súas botas saíu o tanto do empate. Carlos asiste a Quique González desde a esquerda e este define perfectamente ante Champagne. O pichichi coruñes suma así 14 goles, hoxe volvía o seu mellor socio e o vallisoletano volvía marcar.
O Deportivo non lle chegaba co empate e intentou ir polos tres puntos. Diego Caballo aproveita un rexeita da zaga ovetense e lanza un potente disparo que marcha desviado por pouco.
O partido estaba aberto e xa no desconto o Oviedo por medio de Saúl tivo unha oportunidade de ouro para lograr a vitoria. Foi a balón parado, pero baixo os paus apareceu Dani Giménez para sacar unha man que salva un punto.
O Deportivo mantense na mesma posición, quinto na táboa e a catro puntos do ascenso directo, o empate sabe a pouco pero os de Natxo González que volveu apostar polo rombo deixaron mellores sensacións no xogo.
 

Noticias web

31/03/2019