O Deportivo só pensa na vitoria diante do Málaga na Rosaleda
Natxo González "Arriscar, ao final son xogadores que saíron de lesións, sempre pode haber un risco pero non maior que co resto"
Ademais de Carlos Fernández, o técnico vasco tamén recupera a Vicente e a Pedro Mosquera, son as novidades da convocatoria a que tamén volve Domingos Duarte logo de cumprir sanción. Os brancoazuis buscan manter a xeira positiva a domicilio, logo das dúas vitorias consecutivas lonxe de Riazor
Natxo González "Volver gañar fóra da casa en dous estadios como o fixemos foi porque algo cambiou, o equipo aprendeu a competir mellor fóra da casa , ser un equipo máis incómodo e indudablemente eficaz"
Na Rosaleda xoganse máis que os tres puntos, Natxo González só pensa na vitoria.
Natxo González "Non podo pensar en empatar, a miña ilusión é gañar. Son tres puntos que poden ser importantes no futuro, non son decisivos pero sí importantes e nunca sabes se decisivos no último suspiro da temporada"
O Málaga recibe o Dépor logo de dous empates consecutivos na súa casa. A diferencia de goles tamén está en xogo, en Riazor o resultado foi de empate a un.