CRTVG

Buscar

O Deportivo rescinde o contrato de Pedro Mosquera

Publicado o 02/08/2019 21:48

O Dépor tomou a decisión unilateral de rescindirlle o contrato. O coruñés volvía á casa hai catro anos logo do seu paso polo Real Madrid, Xetefe e Elxe. Na primeira temporada marabillou os afeccionados co seu talento. Daquela rexeitara unha boa oferta do Valencia. Nos anos posteriores o seu nivel foi diminuíndo ata ter unha presenza mínima. Mosquera tiña a ficha máis alta do equipo. A súa marcha aproxima a chegada de Nolaskoain. O futuro do galego pode estar no Huesca.


 

Noticias web

02/08/2019