CRTVG

Buscar

Deportivo e Pontevedra disputaron un amigable entretido en Ordes (2-3)

Publicado o 21/08/2021 21:29

O Deportivo conseguíu pechar a pretemporada cun triunfo a unha semana da súa estrea ligueira na primeira federación. Foi ante un Pontevedra que aínda ten quince días por díante para afinar a súa posta a punto.

O equipo granate adíantouse moi cedo no marcador do campo de Vista Alegre. Un penalti por man de Miku no minuto catro foi transformado por Oier Calvillo. O gol non desconcertou a un Deportivo que utilizou un once que podería achegarse moito ao que debute en competición oficial. Destacaron, sobre todo no primeiro tempo, Alberto Quiles e William de Camargo. O brasileiro empatou no minuto 20 tras unha boa asistencia do andaluz. Catro minutos despóis o asistente sería William e o autor do gol, Juan Carlos Menudo. Lograba así remontar o equipo coruñés, que semellaba sentenciar o encontro ao pouco da reanudación.

Outras mans, outro penalti. Transformación a cargo de Miku, que colcocaba o un a tres no marcador. Pero o Pontevedra non se rendeu e durante moitos minutos do segundo tempo dominou o partido. Recurtou logo dun erro de Makay e Jaime, que deixaron o balón morto para o remate a placer de Alberto Rubio. Con media hora por díante o marcador xa non se moveu. Tres a dous final a prol do Deportivo.

Noticias web

21/08/2021