CRTVG

Buscar

O Deportivo perde co Real Madrid (0-2) no regreso de Tere Abelleira

Publicado o 27/03/2021 14:06

E na primeira división feminina, o Deportivo Abanca segue complicándose na loita pola salvación.
O Real Madrid, no que milita agora a exdeportivista Tere Abelleira, era o difícil rival que tiñan díante as de Manu Sánchez este mediodía en Abegondo. E caeron por cero goles a dous. Precisamente a galega participou cunha preasistencia no primeiro gol, no minuto 52. Apertura a banda, con centro posterior e remate co calcaño de Marta Cardona. Un golazo para abrir o marcador. A sentenza chegou no minuto 83. O tanto de Sofía Jakobsson foi definitivo. O Deportivo segue de momento a catro puntos da salvación e os seguintes rivais non se presentan propicios. Serán o Atlético de Madrid e o todopoderoso Barcelona.

Noticias web

27/03/2021