CRTVG

Buscar

O Deportivo naufraga nas dúas áreas e apaña a segunda derrota da temporada en Irún

Publicado o 09/10/2021 19:11

Un punto de nove posibles. Ese é o balance do Deportivo nas tres últimas xornadas.

O grande inicio ligueiro queda lonxe. Esta tarde en Irún, e logo da homenaxe a Jabo Irureta, o equipo coruñés mellorou as sensacións, tivo máis oportunidades e foi superior, pero non definíu arriba e cometeu erros imperdonables atrás.

Como o de Álex Bergantiños que aproveitou Carlos Bravo para marcar o primeiro dos locais no minuto nove. Todo un mazazo para un Deportivo que comezou a gozar de grandes ocasións para empatar. Quiles topou co pau da portería de Irazusta. William de Camargo, co defensa Iván Pérez. E así unha tras outra.

A insistencia brancoazul non tivo premio logo dun bó primeiro tempo, e os de Borja Jiménez marcharon aos vestíarios por detrás no marcador e coa sensación de que o resultado no Stadium Gal non era xusto. Pero o acerto na área é o que conta.

E diso sabe moito Noel. O gran protagonista da semana entrou nesta ocasión no minuto 57. Sete despóis empataba o encontro. A efectividade do canteirán deportivista é absolutamente espectacular. Con case media hora por díante o Deportivo dispoñíase a completar a remontada, pero un novo golpe en forma de contraataque volveu envíar á lona ao conxunto galego.

Outra vez Carlos Bravo lograba o gol e situaba o dous a un definitivo no marcador no minuto 74. Os intentos posteriores non fructificaron. O Real Unión aguantou a súa vantaxe. O Deportivo queda con trece puntos, aínda nos postos sobranceiros dunha táboa clasificatoria moi igualada na zona nobre.