CRTVG

Buscar

O Deportivo Liceo busca o primeiro título da temporada

Publicado o 02/01/2021 14:50

Esta tarde, ás 18:00 na G2, a semifinal contra o Reus

O primeiro título da temporada está en xogo para o Deportivo Liceo. O ano empeza coa disputa da Supercopa en Lloret. O primeiro paso é derrotar esta tarde o Reus, todo un equipazo, para estar na gran final do domingo


TOT Jordi Adroher Deportivo Liceo

Pequenos detalles sempre decisivos nas competicións curtas. O Liceo recupera a Dava Torres, que xa está a tope despois do parón. O capitán do conxunto coruñés expresa a determinación de loitar polo título.



TOT David Torres Deportivo Liceo

Se o Liceo supera o Reus enfrontarase na final ao gañador do Noia-Barça. Todo un reto para comezar o 2021.


TOT Juan Copa Adestrador do Deportivo Liceo

Ás seis da tarde, na G2, Reus-Liceo, por un posto na gran final da Supercopa.

Noticias web

02/01/2021