O Deportivo gaña en Luarca o penúltimo partido da pretemporada (1-0)
Publicado o 07/08/2019 22:00
O Dépor disputou este mércores o seu penúltimo partido da pretemporada. Foi en Luarca, contra o Unionistas de Salamanca, de segunda B. Gañou 1-0 grazas a este gol no minuto 37 de Christian Santos, un dos homes-gol desta pretemporada. Un centro-xute do canteirán Javi Sánchez e atento estaba Santos ao rexeitamento na área.
Agora as olladas fíxanse no Teresa Herrera do sábado contra o Betis. Partido que poderán ver tamén na TVG.