CRTVG

Buscar

O Deportivo fai as probas médicas en Abegondo

Publicado o 06/05/2020 21:19

O Deportivo pasou as súas probas médicas en Abegondo. 28 xogadores se desprazaron ata alí, todos os do primeiro plantel agás o lesionado Somma, 4 do filial e Mujaid e Hugo Vallejo que, malia teren ficha do Fabril, son a todos os efectos futbolistas do primeiro equipo.

"Se queremos que isto vaia da mellor maneira posible e sempre e cando nos aseguren unha seguridade creo que deberiamos aceptar o que nos propón a liga", asegura Vallejo.

A imaxe estase a repetir en todos os campos da liga española. Coches entrando nas cidades deportivas para que os xogadores pasen as probas médicas. No líder, vimos un Luis Suárez que aínda ten que afinar un pouco esa posta a punto para estar en condicións de xogar. E tamén a De Jong, que pasou o máis duro do confinamento en Holanda. O Barça amosounos imaxes das probas aos seus profesionais, non así o Madrid. No club branco vimos a Zidane gardando escrupulosamente a distancia de seguridade cos seus xogadores. Tamén no Atlético, desfile de coches rumbo ás probas tras o confinamento: "Foi un tempo moi, moi raro para nós, nunca estivemos tanto tempo así sen termos contacto co balón e temos moitas ganas de empezar e que todo volva", recoñece Marcos Llorente.

O fútbol vaise preparando para recuperar os seus espazos.

Noticias web

06/05/2020