CRTVG

Buscar

O Deportivo escolle hoxe o seu novo presidente

Publicado o 28/05/2019 18:13

E hoxe as eleccións á presidencia do Deportivo. Tino Fernández despediuse do palco de Riazor. A partir das sete da tarde a disputa entre os catro candidatos. Xesús Martínez Loira, que pediu a unión de candidaturas; Fernando Vidal, que foi o responsable da parcela futbolística durante varias temporadas; Paco Zas, antigo futbolista da entidade e quen ao parecer terá o apoio de Tino Fernández; e Manuel López Cascallar, que se presenta como a voz do afeccionado.

O partido de onte foi o último do ciclo Tino Fernández no Deportivo. Tras cinco anos turbulentos, o club emprende hoxe un novo camiño. A Asemblea Xeral de accionistas decidirá quen lle toma o relevo.
Na carreira pola presidencia, catro candidatos: Fernando Vidal, Paco Zas, Xesús Martínez Loira e Manuel López Cascallar. Zas recoñécese herdeiro da xestión de Tino Fernández. Promete estabilidade.


Fernando Vidal expón o aval da experiencia que lle dan tres anos e medio de conselleiro no club. Entre eles reclaman espazo Xesús Martínez Loira e Manuel López Cascallar. Loira, o máis activo na campaña, presenta un programa detallado e apela a unha candidatura de consenso fronte ao perigo da división.

Para López Cascallar é fundamentel reforzar o vínculo co deportivismo

Fernando Vidal e Paco Zas parecen chegar á recta final con vantaxe. Tras a decisión de absterse do máximo accionista, Hijos de Rivera, a balanza pode inclinala a posición que adopte o saínte Tino Fernández, que domina o segundo maior paquete de accións.

Noticias web

28/05/2019