CRTVG

Buscar

O Deportivo e o Rácing de Ferrol, pendentes de non estragar unha nova oportunidade no ascenso a Primeira Federación

Publicado o 16/04/2021 17:36

DEPORTIVO E RACING

Deportivo e Rácing de Ferrol pendentes de non estragar esta semana unha nova oportunidade no ascenso a Primeira Federación logo de perderen os seus respectivos compromisos da pasada xornada.

Rubén de la Barrera: "Afrontámolo coa ambición de selar o obxectivo o antes posible"

Cristóbal: "Se gañamos, volvemos meternos entre os dous primeiros e temos opcións"

O Deportivo mantén as súas opcións intactas malia errar en Langreo e o domingo xógase algo máis ca tres puntos contra un Numancia empoleirado na segunda praza e a un punto dos coruñeses.
O Numancia deixou momentaneamente fóra das prazas de ascenso o Rácing de Ferrol ao que derrotou con contundencia. Os de Cristobal teñen que esquecer canto antes o pinchacarneiro de Soria cicatrizando contra o Marino de Luanco, descartado para ascender, pero non relaxado.

A fase chega ao seu ecuador. Terceira xornada de seis e moi pouca marxe para despistarse do obxectivo.

Noticias web

16/04/2021