CRTVG

Buscar

O Deportivo e o Concello da Coruña, excluídos do caso Fuenlabrada

Publicado o 12/04/2021 20:49

O Deportivo e o Concello da Coruña quedan fóra da causa xudicial do caso Fuenlabrada porque non poden considerarse prexudicados. Así o entende a titular do Xulgado de Instrución número 6 da Coruña. Unha decisión que adoptou antes de inhibirse en favor dun xulgado da localidade madrileña. A xuíza coruñesa admite un recurso presentado pola Liga e di que tanto o club como o concello herculinos non son prexudicados no ámbito penal.

Lembremos que todo ocorreu o 20 de xullo pasado, cando o Deportivo descendeu sen poder competir. O casos de covid detectados no Fuenlabrada obrigaron a suspender o partido, pero si se xogou o resto da xornada en horario unificado.

 

Noticias web

12/04/2021