CRTVG

Buscar

O Deportivo-Coruxo (12 horas, G2) centra a atención na xornada do domingo

Publicado o 07/11/2020 13:45

A xornada do domingo abrirase ás doce con outro derbi. O Deportivo busca subir o seu ritmo e o seu nivel competitio ante o Coruxo. Os de Vázquez veñen de gañar a Unionistas, son co-líderes, invitos. E o Coruxo viaxa na procura de solucións pra unha xeira que os ten de pechacancelas sen gañar e sen marcar.

Ás doce tamén xogará o Celta B de Onésimo en Barreiro. Recibe a Unionistas. Os celestes tampouico coñecen o triunfo e so foron quen de marcar un gol, este. Golazo. Na táboa son penúltimos, cun so punto.

Pola tarde, ás cinco, será a quenda do Rácing. Os verdes viaxan a Salamanca co obxectivo de seguir enganchados a arriba e continuar medrando.

E pra pecha-la xornada o líder, o Pontevedra. Os granates entran en acción ás cinco e media en Zamora, ante a revelación ata o momento do grupo. Boa pedra de toque pro proxecto granate, ao que acoden coa ausencia de Romay por problemas musculares.

Noticias web

07/11/2020