CRTVG

Buscar

O Deportivo continúa fixándose no Numancia e asina a Diego Aguirre

Publicado o 08/06/2021 17:50
O Deportivo continúa fixándose no Numancia e asina a Diego Aguirre

O centrocampista Diego Aguirre é a segunda incorporación que anuncia o Deportivo para a vindeira temporada. Igual que Menudo, Aguirre procede do Numancia, onde xogou o treito final da pasada campaña logo de incorporarse no mercado invernal procedente do Apollon de Limassol de Chipre. 

Diego Aguirre é un xogador de 30 anos con grande experiencia na Segunda División. Pasou polo Leganés, o Oviedo, o Raio Vallecano e o Zaragoza.