CRTVG

Buscar

O Deportivo confirma a incorporación de Hugo Vallejo

Publicado o 25/01/2020 11:02
O Deportivo confirma a incorporación de Hugo Vallejo

Máis movementos no Deportivo. Confirmou o que xa anticipara a Televisión de Galicia coa chegada ata o final da temporada do dianteiro andaluz Hugo Vallejo. O xogador, de 19 anos, comezara a temporada no Málaga onde participou en 5 partidos na Segunda División. O ano pasado, cando era xuvenil, xa chegara a debutar co primeiro equipo, ademáis de converterse nun habitual do Atlético Malagueño na Segunda B. 

Vallejo é unha aposta de futuro do Real Madrid polo que pagou 300.000 euros. Asinou ata 2023 e nestos meses xogará no Deportivo con ficha do Fabril. 

Noticias web

25/01/2020