CRTVG

Buscar

O Deportivo comunica a reubicación dos socios afectados polas obras de Riazor

Publicado o 04/09/2018 10:24

Analizada a situación, o club publicou un comunicado na súa páxina web confirmando que 8.564 socios terán que cambiar de localización por culpa das obras. Todos pertencen ás bancadas de Maratón e Pavillón, porque Tribuna e Preferencia non se ven afectadas. Cada abonado debe ver na listaxe se o seu asento é un dos obstaculizados por elementos de obra. Nese caso debe retirar no despacho de billetes unha localidade para outros sectores do estadio durante esta semana. Non se venderán entradas para o público xeral.

Noticias web

04/09/2018