O Deportivo busca a revancha no campo do Friol Lugo
Publicado o 12/01/2019 14:06
O Deportivo rematou a primeira volta como líder, cun triunfo no campo do Oviedo, o principal rival polo ascenso. Foi unha primeira metade da temporada case perfecta, só cederon un empate no partido inaugural ante o Friol Lugo. Maña, buscarán a revancha.
"É un campo moitísimo máis pequeno que o noso e teñen xogadoras que nos teñen moitas ganas. Vai ser un partido pelexón que se vai decidir por detalles. O que máis acertado estea levará o partido", explicou a xogadora do Deportivo Peke.
"A extramotivación é positiva pero estará o adestrador para que haxa un chisco de cabeza, tamén", salientou Josito Jul, o técnico das luguesas.
O Lugo ocupa a cuarta praza con 27 puntos, a 10 do líder, do Deportivo.