CRTVG

Buscar

Se o Deportivo aínda está con vida é, entre outros motivos, polos goles de Alba Merino

Publicado o 05/05/2021 13:50

• Marcou en catro dos últimos oito partidos e xa leva sete goles na Liga

Se a estas alturas o Deportivo aínda está con vida é, entre outros motivos, polo acerto de Alba Merino. A centrocampista estremeña é das que máis tiran do carro. Marcou en catro das últimas oito citas e xa leva sete goles na Liga.

Tras unha nefasta primeira volta, o equipo atopou por fin o camiño: nestes dous meses acadou tres vitorias contundentes e un empate, dez puntos. A esperanza volveu a Abegondo.

As brancos e azuis aínda están a cinco puntos da salvación, pero xogaron un partido menos. Quédanlles sete. Alba afirma que o equipo está agora máis confiado ca nunca.