CRTVG

Buscar

O Deportivo afronta en Elxe un partido que vale unha temporada

Publicado o 01/06/2019 13:58

O Deportivo xoga mañá un partido que vale unha temporada. De Elxe pode saír esperanzado cara á loita do ascenso ou ver como se esvaecen as posibilidades de entrar nos postos de promoción.

José Luis Martí Adestrador do R. C. Deportivo "É o partido máis importante que temos de todos porque é o que nos toca xogar, a partir de aquí coa máxima ilusión, intensidade, coa moral polas nubes para intentar conseguir os tres puntos. O que sei é os meus xogadores van empregarse ao 120 por cento, sabendo que durante os 95 minutos teñen que dar o máximo que teñen"


Do Elxe, sen nada en xogo e na úndecima posición na táboa, non se fía o adestrador deportivista.

José Luis Martí Adestrador do R. C. Deportivo "No seu estadio é un equipo moi díficil de bater, un equipo que combina moi ben, que nos vai poñer as cousas díficiles. Debemos ser superiores ao rival para conseguir a vitoria"

Ante esta final, os brancoazuis perden o seu máximo goleador, Quique é baixa por lesión.

José Luis Martí Adestrador do R. C. Deportivo "Nunha competición tes un plantel para isto, cando falta un xogador que ata o de agora foi moi importante, vai aparecer outro que o vai ser tan importante como él"

Martí viaxou con 19 xogadores, quedaron fóra da convocatoria os lesionados, ademais de Dubarbier, Vïtor Silva, Mosquera e Iñigo López.
 

Noticias web

01/06/2019