CRTVG

Buscar

O Deportivo acudirá á xustiza se non volve a liga e o descenden

Publicado o 17/04/2020 20:28

O Deportivo acudirá aos tribunais se non volve a competición e o descenden. Fernando Vidal non contempla esa posibilidade. O presidente herculino non ten dúbidas de que se vai xogar e en caso de non facelo, vai defender os intereses do club. Se deciden descender o Deportivo, aludindo á clasificación actual, acudirá aos tribunais para defenderse.

"Diso non teñas ningunha dúbida. Calquera decisión que poida prexudicar os intereses do Deportivo será contrastada por nós con toda a forza que poidamos, e espero que ese escenario non se dea e que xoguemos e nos salvemos. Dende o club poremos toda a nosa maquinaria a funcionar para que isto non ocorra. A liga non se pode cortar pola metade, non acabala e tomar unha decisión de ascensos e descensos, sobre todo de descensos, paréceme perigoso", asegurou Vidal.

Noticias web

17/04/2020