CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca visita Logroño, o pechacancelas

Publicado o 19/03/2021 21:29

Na liga feminina, o Deportivo Abanca visita este domingo un rival directo, o Logroño, cabeiro da clasificación pero a un só punto das coruñesas. A vitoria pode ser un gran paso cara a permanencia. En plena remonta, sumar estes tres puntos podería sacar ao Deportivo Abanca dos postos de descenso. O partido dispútase o domingo ás 12 nas Gaunas.


 

Noticias web

19/03/2021