CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca saca un punto de moito mérito no campo do Atlético

Publicado o 19/05/2021 19:58

O Deportivo Abanca avanza paseniño cara a salvación. Hoxe logrou un valioso empate ante o Atlético de Madrid Un partido nun campo sempre complicado. De feito tiveron que remontar no marcador o gol do Atlético. Van Donguen rematou de cabeza ao saque dunha falta no minuto 11.

Non se arredou o Deportivo, que tivo de inicio un plantexamento ofensivo e sete minutos despois lograba o empate. Gran xogada de Athenea pola banda dereita e Gaby tocou o xusto para marcar. Aínda tiveron algunha ocasión máis as de Manu Sánchez e o Atlético apertou ata o final e obrigou a lucirse a Sullastres. Empate a un final. Un punto que sitúa ás coruñesas cuartas pola cola, con 25 puntos, a catro puntos da salvación e con catro xornadas por diante.