CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca remóntalle ao Español (2-1)

Publicado o 15/05/2021 19:15

Puido ser o descenso virtual e converseuse nunha vitoria para a esperanza. Antes do partido co Español, as xogadoras do Deportivo Abanca coñecían o triunfo do Betis, que afastaba a permanencia. E ao pouco de comezar recibían un novo varapau. A falta directa, espectacular, de Vanegas, valía o primero gol do partido para as xogadoras españolistas.

O Deportivo envorcouse en ataque aínda que a perigosidade non foi excesiva. A remontada tivo que agardar ata o segundo tempo, cando conectaron en ataque as súas xogadoras máis desequilibrantes. Athenea iniciou a xogada e o seu centro rematouno en anticipación Peke. Era o minuto 8 do segundo tempo.
O empate non era suficiente e o Deportivo incrementou os riscos. Estivo a piques de aproveitarse o Español para facer o segundo pero o tanto do desequilibrio definitivo foi local. Acción a balón parado que culminou en boca de gol Alba Merino. O seu tanto dá vida. Aínda así, os números das deportivistas nas últimas catro xornadas deberán ser excelentes.

Noticias web

15/05/2021